Tuesday 07 de May de 2024

Mercado solidario a favor dos animais abandonados


Neste 10 de xullo terá lugar na praza do Emigrante un mercado solidario a favor dos animais abandonados organizado pola Protectora Moura, coa colaboración da Concellaría do Benestar Animal, da cal é titular a edil Estefanía Ramos (Nós Pobra). O horario no cal transcorrerá será de 11.00 a 20.30 horas.

A finalidade é recadar fondos para sufraga-los gastos da entidade, tales como veterinario, alimentación dos animais etcétera. Para lograr tal cometido venderán artigos de segunda man e merchandising da propia protectora, ademais de recoller doazóns.